Elegantes e potentes altofalantes USB

luns, 15 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Rara vez podemos atopar uns altofalantes USB que teñan un deseño agradable e un son de calidade, pero os Edifier Luna2 conseguiron combinar ambas características, pois estes altofalantes achegan unha boa calidade acústica, unha potencia de 30 W por canle, entradas de audio analóxica e dixital (para poder aproveitar os altofalantes para escoitar música do noso reprodutor multimedia portátil), un panel táctil para controlar as súas funcións básicas, un peso duns 2 quilos por altofalante e un prezo tamén un bastante elevado (239 euros).

PUBLICIDADE