Elevan a 10 Tb a capacidade máxima dos discos duros de 3,5"

mércores, 10 de setembro do 2014 Marcus Fernández

A poucos días de que Seagate anunciase os primeiros discos duros comerciais de 8 Tb, HGST (unha filial de Western Digital) anuncia o primeiro disco duro dirixido a empresa con capacidade de 10 Tb, pensando en atender ás necesidades de almacenamento de aplicacións na nube, buscando tamén conseguir unha relacións de capacidade/prezo moi axustada, á vez que unha redución de consumo no almacenamento de datos a un nivel masivo.
Este disco duro pertence á familia HelioSeal, o que detalla que a unidade está selada hermeticamente e rechea de helio, o que pretende axudar a unha maior vida das unidades, xunto cunha redución do seu consumo e da súa temperatura.
Polo momento non se detallou nin o prezo nin a data de lanzamento destas novas unidades de disco.

PUBLICIDADE