Emisor sen fíos con soporte de alta definición

venres, 30 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

O sistema combina HDMI con conexións analóxicasHai tempo que no mercado existen emisores de audio e vídeo sen cables que permite achegar o sinal dunha fonte de vídeo (DVD, sintonizador de TDT, etc.) a un televisor que estivese noutra habitación evitando o cableado, pero esta tecnoloxía se limitaba a definicións estándar porque o Wi-Fi non permitía manter comunicacións de alta definición de xeito sostido, pero o Gefen EXT-WHDMI consegue superar este atranco, aínda que podendo transportar o sinal só a 10 metros de distancia, polo que entendemos que resulta ideal para levar o sinal a un proxector de vídeo situado no teito ou a unha habitación contigua (sen ter que furar a parede).
Como grande vantaxe, este sistema é capaz de dar boa calidade de imaxe incluso a 1.080p, contando tamén con conectores analóxicos para poder empregar o dispositivo con conexións que non sexa exclusivamente HDMI, pero como principais defectos ten a súa limitada cobertura e o seu elevado prezo (preto de 800 dólares).

PUBLICIDADE