empresas
Dimensiona achega unha aplicación que fai auditorías de cultivo sen necesidade de rede
A empresa galega Dimensiona rematou o ano presentando detalles dunha innovadora ferramenta para facer avanzar o sector primario na súa transformación cara a modelos máis intelixentes e automatizados: a ferramenta Refuxio, unha aplicación móbil que xorde dos grandes desafíos actuais da agricultura a gran (...)
Ler máisR apoiará ás empresas galegas na integración de tecnoloxías de Intelixencia Artificial
A operadora galega R vén de dar un novo e importante en paso na súa vertente de apoio á innovación empresarial e ao emprendemento, unha liña de traballo que ten achegado fitos tan relevantes como a aceleradora de proxectos DiCo Challenge. Agora, a través da área Empresas, a operadora (e todo o grupo Euskatel do que forma parte) incorporou un equipo (...)
Ler máisA compañía viguesa SIVSA emprestará os seus servizos a Leroy Merlin
A compañía galega SIVSA Solucións Informáticas, adicada á prestación de servizos na área das Tecnoloxías da Información, vén de asinar o primeiro contrato de colaboración coa empresa Leroy Merlin en España. A meta desta sinatura é a achega de servizos de soporte de SIVSA aos centros que esta multinacional francesa ten no país. Son tres os profesionais de SIVSA que (...)
Ler máisViewnext prepara o seu traslado ao centro tecnolóxico Innova Ourense
As empresas punteiras comezan a pechar fileiras arredor do centro tecnolóxico e intelixente de Ourense, do que falamos este verán en Código Cero con motivo da súa presentación, salientando o seu obxectivo de “crear novas oportunidades no ámbito tecnolóxico, económico e social na provincia”. Segundo puidemos saber esta semana, a empresa Viewnext (filial de IBM) (...)
Ler máisPeoople superou tralo confinamento os cinco millóns de usuarios
Peoople, a startup de recomendacións, chegou a este verán de 2020 coas mellores expectativas de crecemento: por unha banda ampliou os servizos que achega á súa comunidade (poñendo en marcha unha funcionalidade de notas de voz para calquera smartphone) e, pola outra, vén de superar (trala corentena) a cifra de cinco millóns de usuarios distribuídos nos 32 (...)
Ler máisOs RegTech Awards recoñecen o impacto social da compañía galega Docuten
A galega Docuten, compañía especializada en solucións de sinatura dixital, factura electrónica e cobro, foi galardoada a semana pasada co premio de Maior Impacto Social dentro dos RegTech Awards, premios entregados durante a 2º edición da RegTech Unconference, que reuniu a máis de 80 directores xerais das empresas tecnolóxicas máis innovadoras do (...)
Ler máisGradiant e Netex investiron máis de 2 millóns en innovación para o ámbito eLearning
O Centro Tecolóxico Gradiant e a empresa Netex, centrada no fornecemento de aplicacións informáticas para favorecer o ensino a distancia entre empresas e entidades académicas, presentaron onte os resultados da súa iniciativa conxunta de formación avanzada para profesionais. Estamos a falar da Unidade Mixta de Investigación (UMI) Smart Lifelong Learning para a (...)
Ler máisA Fundación INADE achéganos o día 12 ás posibilidades empresariais do Big Data
O vindeiro martes 12 de xullo a tribuna informativa Almorza con INADE - A Coruña recibe a visita de Juan José Casado Quintero, director corporativo de Datos e Analítica en Sanitas, que abordará a aplicación das posibilidades dos datos masivos (Big Data) no mundo empresarial. O relatorio de Quintero, que fará un repaso pola revolución que supuxo a entrada do (...)
Ler máisPerú elixe a tecnoloxía da galega SIVSA para impulsar o seu modelo de telemedicina
A empresa viguesa SIVSA completou con éxito o proxecto piloto de telemedicina impulsado polo Centro Nacional de Telemedicina (CENATE) de Perú, o organismo público que xestiona o seguro social no país andino, co obxectivo de definir a estratexia de atención sanitaria remota e a domicilio en todo o seu (...)
Ler máisVitae achéganos á metodoloxía DISC para o impulso do talento
A consultora Vitae está a preparar, para A Coruña e Vigo, unha nova actividade formativa encamiñada a impulsar o noso talento e o das/os nosas/os compañeiras/os. Máis polo miúdo, trátase dun obradoiro para fomentar o desenvolvemento e a valoración do potencial humano da nosa empresa e, en última instancia, para rematar con éxito todo tipo de proxectos. A nova (...)
Ler máis0 | ... | 320 | 330 | 340 | 350 | 360 | 370 | 380 | 390 | 400 | ... | 700