empresas
Vitae convértenos en expertos en probas de aplicacións botando man de Cypress
Vitae Consultores, a través da súa aula virtual, ofrece este verán acabado de chegar (os días 6, 8, 13 e 15 de xullo) o Curso Testing e2e avanzado con Cypress, de doce horas de formación. Trátase dunha actividade formativa que nos pon ao alcance da man importantes mecanismos para axilizar as nosas tarefas de desenvolvemento (...)
Ler máisPublicadas as directrices para aplicacións paralelas do proxecto europeo EPEEC, no que se integra Appentra
O proxecto europeo APEEC, co-impulsado pola tecnolóxica galega Appentra, con sede no CITIC da Coruña, vén de anunciar as novas Directrices de Programación para Aplicacións Paralelas, unha serie de recomendacións referenciais para os desenvolvedores de aplicacións avanzadas que busquen alto (...)
Ler máisPatxi Arteche, novo conselleiro delegado de Euskaltel
Este mes incorporouse á función de conselleiro delegado de Euskaltel, compañía á que pertence o operador de telecomunicación R, Francisco Patxi Arteche, quen hoxe presentouse nun acto interno aos profesionais do operador galego na súa sede coruñesa, onde reafirmou o seu compromiso con Galicia a todos os niveis nesta nova andaina da (...)
Ler máisO espallamento de Euskaltel permitiralle multiplicar por tres a base de clientes móbiles
O Grupo Euskatel, do que forma parte a operadora galega R, presentou hoxe o seu plan de negocio para os vindeiros cinco anos, unha axenda estratéxica co que agarda multiplicar “as principais magnitudes operativas e financeiras”. En termos concretos, o grupo prevé duplicar ingresos e clientes co seu plan de busca de novos mercados no territorio estatal, fóra (...)
Ler máisIacobus impulsou case 800 proxectos científico-tecnolóxicos nas dúas beiras da raia
Vicepresidencia vén de facer reconto da actividade do programa Iaocobus, destinado a alentar a cooperación científica e tecnolóxica universitaria e dos centros tecnolóxicos de Galicia e o norte do Portugal. Segundo se fai saber no balance, o programa ten apoiado dende 2014 un total de 798 proxectos, cun financiamento de preto de 880.000 euros. Na iniciativa, (...)
Ler máisA presidenta de Chile acode á posta en marcha da plataforma da Bolsa de Emprego desenvolvida por Altia
Onte celebrouse en Chile unha “botadura” tecnolóxica de primeiro nivel e que nos colle de preto. Máis en detalle, a posta en marcha oficial da nova plataforma tecnolóxica da Bolsa Nacional de Emprego de Chile, BNE, desenvolvida pola empresa galega Altia. O acto contou coa presenza da presidenta de Chile, Michelle Bachelet, o alcalde da municipalidade de La (...)
Ler máisVitae Consultores prepáranos para a obtención do certificado PMP
Vitae Consultores vai organizar os vindeiros unha actividade formativa que nos adestra con vistas á obtención do certificado PMP, un recoñecemento que acredita a nosa capacidade para levar todo tipo de proxectos tecnolóxicos e innovadores a bo porto. Para quen non o saiba, PMP son as siglas de Project Management Professional (Profesional en Dirección de (...)
Ler máisVitae Consultores amósanos como protexer o noso posto de traballo e a nosa empresa de ameazas TI
Agora máis que nunca é preciso redobrar esforzos en ciberseguridade, tanto dende as institucións, entidades e corporacións directamente implicadas como a nivel de usuario na nosa empresa ou no noso fogar, contribuíndo deste xeito, co noso gran de area, a garantir unha Rede segura. E dicimos o de “agora” porque a crise pandémica e a guerra perpetrada por Rusia (...)
Ler máisTelefónica mantén o dividendo malia o relevante choque da COVID-19
Teléfonica vén de facer balance da súa actividade recente, achegando datos de interese sobre a incidencia que tivo, os meses pasados, a pandemia de COVID-19 sobre o seu medre e rendemento: un impacto limitado que non lle impide manter o dividendo. Segundo fai saber a operadora, se ben o Decreto de Alarma e o confinamento deixou pegada en parámetros como a (...)
Ler máisCinfo impulsa a transformación dixital das instalacións deportivas municipais da Coruña
O Concello da Coruña e a empresa local Cinfo, con sede no CITIC, formalizaron un acordo para impulsar a transformación dixital das instalacións deportivas municipais. Así o informaron a edil de Deportes, Mónica Martínez, e máis Antonio Rodríguez del Corral, director executivo (CEO) da dita empresa de sistemas intelixentes de seguimento. O obxectivo é transmitir (...)
Ler máis0 | ... | 340 | 350 | 360 | 370 | 380 | 390 | 400 | 410 | 420 | ... | 690