empresas
As fórmulas para garantir a axilidade e a eficacia, ao detalle nun novo curso de Vitae
Dixitalizar unha empresa e apostar por métodos eficaces de traballo é garantir a súa supervivencia e a súa competitividade? Non exactamente, aínda que está claro que axuda. Dende logo, quen non teña clara a necesidade de implantar rutinas áxiles laborais, pechará a porta do crecemento e da rendibilidade. Acabáronse os tempos de xerar produtos e servizos e (...)
Ler máisSenssia converte en experiencia virtual a nosa busca do fogar ideal
Senssia, emprega galega de mobiliario de cociña e baño, presentou esta semana en Santiago, no Hotel Los Abetos, a súa nova liña de innovación, unha estratexia que pasa por introducir a virtualidade e os espazos en 3D no achegamento dos clientes-usuarios á súa oferta de equipamento doméstico. Na cita cos medios deuse a coñecer un software especificamente (...)
Ler máisSIVSA fornecerá de computadores a colexios públicos de toda Galicia
A empresa galega SIVSA, da que temos falado en Código Cero para salientar as vantaxes e características pioneiras das plataformas Fenix e Geenie, vai abastecer de computadores ao alumnado de colexios públicos de toda a xeografía galega. Este subministro vén dado pola adxudicación a SIVSA, por parte da Xunta de Galicia (a través da Axencia para a Modernización (...)
Ler máisAs posibilidades de Selenium en probas de software, ao detalle nun novo curso de Vitae
Para quen non o saiba, hai tecnoloxías para facilitar a posta a punto de tecnoloxías. E algunhas delas, como Selenium, moi eficaces. Botar luz sobre as posibilidades desta ferramenta-metodoloxía de código aberto e prepararnos para sacarlle o máximo rendemento nos nosos traballos de desenvolvemento (achegando importantes ingredientes de automatización en (...)
Ler máisSIVSA continuará mellorando os procesos de xestión e información do noso sector pesqueiro
Entre as empresas galegas que máis están a facer pola dixitalización das nosas entidades privadas e públicas atópase SIVSA. Como lembraremos, a firma ten na súa bagaxe iniciativas como o fornecemento de computadores para os nosos colexios públicos (Proxecto Abalar) ou o subministro de novos e avanzados sistemas marítimos para AMTEGA. Ao fío deste último punto, (...)
Ler máisDinahosting optimiza a xestión de datos dos seus servizos con NetApp
A empresa Dinahosting, referente galego e estatal en aloxamento web e dominios, vén de poñer a punto a xestión de datos dos seus servizos con NetApp, a multinacional do almacenamento informático e o manexo de información. A optimización responde un reto concreto: o desafío de contar cos mellores recursos para encarar unha maré de coñecemento que “sube” a tempo (...)
Ler máisVitae móstranos como converternos en expertos creadores de aplicacións empresariais
Proseguen este remate do verán os cursos tecnolóxicos de Vitae Consultores, unha completa axenda formativa en constante actualización que cubre tematicamente todos e cantos ámbitos profesionais mobiliza e acubilla a gran revolución informática do noso tempo. En setembro é a quenda da quinta edición do curso Angular Avanzado: Desenvolvemento de aplicacións (...)
Ler máisVitae achéganos este mes unha nova edición do seu curso sobre xestión de riscos con PMI
A consultora galega Vitae quere que os nosos profesionais do sector TIC estean, por coñecementos, preparación e adestramento, entre os máis capacitados do ámbito estatal e europeo. Para iso, Vitae loita contra as complexidades operativas derivadas da COVID-19 cun completo programa de cursos en aula virtual que poñen o punto de mira en todos os ámbitos máis (...)
Ler máisOs premios Galileo Masters salientan un proxecto vigués de xeolocalización por satélite
Dende Vigo chegaba hoxe a nova de que o proxecto CX-Geodron resultaba gañador da edición deste ano do Concurso Galicia Challenge, un concurso que se encadra na convocatoria europea dos premios internacionais Galileo Masters, convocados pola Axencia Europea GNSS e a Axencia Espacial Europea. O dito proxecto propón desenvolver un sistema instalado en drons (...)
Ler máisVitae Consultores introdúcenos nas metodoloxías para conseguir programas transparentes e de utilidade
Non chega con programar e conseguir ferramentas innovadoras nunca antes empregadas, hai que conseguir que se entendan e que sexan, como nas correntes políticos-sociais actuais, transparentes. De facelo así, estaremos contribuíndo ao progreso da Sociedade do Coñecemento (achegando ferramentas para estenderse e seren melloradas logo pola comunidade) e, por (...)
Ler máis0 | ... | 440 | 450 | 460 | 470 | 480 | 490 | 500 | 510 | 520 | ... | 610