empresas
Secure Net de Vodafone bloqueou 565 millóns de ameazas de xaneiro a xuño
Vodafone fixo balance da actividade xerada este ano polo seu servizo de ciberseguridade para a rede móbil, Secure Net. Segundo fai saber a operadora, foi quen de bloquear no primeiro semestre de 2021 un total de 565 millóns de ameazas en Internet. Esta cifra supón un 20% máis de ciberataques bloqueados que no mesmo período do ano (...)
Ler máisA consultora tecnolóxica Improving Metrics celebra dez anos de andaina
A consultora tecnolóxica coruñesa Improving Metrics está estes días de celebración: conmemora unha década de andaina no mercado, unha experiencia de dez anos “dando servizo a clientes de talla internacional e axudando ás empresas dos máis variados sectores nos seus procesos de dixitalización e de integración de ferramentas de análise e xestión intelixente”. (...)
Ler máisGAMELSA, o CTAG e Televés amplifican co proxecto CLAUDIIA os beneficios da Industria 4.0
Este xoves 10 de marzo celebrouse a presentación de resultados do proxecto CLAUDIIA, liderado pola empresa GAMELSA e na que toman toman parte o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e outras dúas empresas do grupo Televés Corporación, Arantia e GAINSA.
Ler máisO ITG ofrece en outubro cinco actividades para axudar ás pemes a avanzar en dixitalización
O Instituto Tecnolóxico de Galicia vai encher o mes de outubro de formación transformadora para as pequenas e medianas empresas, formación para facilitarlles o inevitábel camiño da dixitalización. Farao a través da súa Oficina Acelera PEME, activada en colaboración con Red.es. As vindeiras citas serán as dúas o 5 de outubro (Intelixencia Artificial en pemes: (...)
Ler máisAerocamaras agasalla aos seus seareiros cun voo en avión ou helicóptero
Aerocamaras, empresa galega especializada en drons (formación, desenvolvemento, distribución), vén de anunciar unha iniciativa para recoñecer e recompensar a fidelidade dos seus usuarios. Con este motivo, lanzou este 5 de marzo un concurso nas redes sociais que vén acompañado dunha serie de premios que teñen moito que ver coa actividade da empresa: dúas prazas (...)
Ler máisA viguesa TokApp abre 2018 mostrando as súas aplicacións en cinco feiras internacionais
A empresa galega Tokapp, responsábel da aplicación do mesmo nome (dirixida a facilitar a comunicación no seo das empresas, entidades e asociacións) e de TokApp School (a versión para ámbitos docentes), comeza ano cun completo roteiro de presentacións internacionais. Participará, de arranque, en cinco feiras referenciais de diferentes sectores. O obxectivo da (...)
Ler máisABANCA fortalecerá o proceso de medre da tecnolóxica galega TokApp
Entre as nosas empresas TIC de meirande potencial de medre atópase TokApp, responsábel da ferramenta global do mesmo nome para facilitar e mellorar a comunicación empresarial, e tamén de TokApp School, aplicación destinada a evitar calquera tipo de incidencia comunicativa no ámbito escolar. Así o entende (así entende este potencial de TokApp) a entidade (...)
Ler máisBahía impulsa unha innovadora tecnoloxía smart para coidar dos nosos bosques: uForest
Bahía Software, compañía galega do ámbito TIC, está a liderar o desenvolvemento dun proxecto tecnolóxico directamente encamiñado a protexer os nosos bosques. Trátase da plataforma uForest, unha tecnoloxía que tira proveito de drons e software específico para, en palabras de Bahía, salvagardar o futuro das nosas forestas. Segundo informan os responsábeis da empresa (...)
Ler máisMedra a carteira de clientes de Euskaltel en todos os seus servizos
O Grupo Euskaltel, que integra as marcas Euskaltel, Telecable e máis a galega R, presentou esta semana os seus resultados de actividade relativos ao segundo trimestre de 2019. No informe, como dato destacábel de apertura, reflíctese “un cambio na tendencia de evolución do negocio” ao longo do devandito período. Euskaltel salienta o crecemento na base de (...)
Ler máisEGATEL anuncia un innovador sistema de comunicacións por satélite
Durante a visita ás instalacións en Ourense de EGATEL do conselleiro de Economía (visita da que falamos os días pasados dende Código Cero), Francisco Conde, a compañía tecnolóxica galega fixo unha serie de anuncios importantes sobre a súa actividade vindeira. Entre outras cousas, deu a coñecer que está a desenvolver os últimos detalles dun sistema de comunicacións (...)
Ler máis0 | ... | 450 | 460 | 470 | 480 | 490 | 500 | 510 | 520 | 530 | ... | 610