empresas
Imatia aposta na Coruña por un centro de operacións innovador e ampliábel
Dende o pasado verán, a empresa galega Imatia conta con sede seu na Coruña, un centro de actividade máis acaido (máis amplo, máis suxeito a novos procesos de creación e evolución) para as novas necesidades da compañía, un dos máximos expoñentes galego e estatal en materia de desenvolvemento web e traballos de dixitalización. Segundo nos conta a empresa este mes (...)
Ler máisArturo Dopico funda Testa Investments
O Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME) reflicte hoxe a constitución de Testa Investments, S.L., unha sociedade unipersoal para actividades de asesoramento e consultoría en compañías do sector das telecomunicacións, os medios e a tecnoloxía que chama a atención por ser o retorno aos negocios de Arturo Dopico Pérez, empresario de recoñecido prestixio, (...)
Ler máisAltia e Netex crearán contidos dixitais innovadores para o sistema educativo canario
O Goberno de Canarias adxudicou ás empresas galegas Altia e Netex un contrato de máis de 700.000 euros para a produción de materiais didácticos para profesorado e alumnado de Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria da Comunidade. O acordo, enmarcado no proceso de transformación tecnolóxica e dixitalización emprendido polo Executivo das illas, ten validez (...)
Ler máisVitae aproxímanos novamente ás boas prácticas de desenvolvemento e operacións da biblioteca ITIL
Se nos ocupamos de desenvolver software, necesitaremos de algo máis que obxectivos claros e formación avanzada. Necesitaremos pautas, claves previamente establecidas e unha metodoloxía de traballo que deixe a mínima marxe posíbel para o impreciso e o indeterminado. Acadar formación neste punto segue a ser fundamental para conseguir os mellores resultados no (...)
Ler máisA presidenta de Chile acode á posta en marcha da plataforma da Bolsa de Emprego desenvolvida por Altia
Onte celebrouse en Chile unha “botadura” tecnolóxica de primeiro nivel e que nos colle de preto. Máis en detalle, a posta en marcha oficial da nova plataforma tecnolóxica da Bolsa Nacional de Emprego de Chile, BNE, desenvolvida pola empresa galega Altia. O acto contou coa presenza da presidenta de Chile, Michelle Bachelet, o alcalde da municipalidade de La (...)
Ler máisOs premios Galileo Masters salientan un proxecto vigués de xeolocalización por satélite
Dende Vigo chegaba hoxe a nova de que o proxecto CX-Geodron resultaba gañador da edición deste ano do Concurso Galicia Challenge, un concurso que se encadra na convocatoria europea dos premios internacionais Galileo Masters, convocados pola Axencia Europea GNSS e a Axencia Espacial Europea. O dito proxecto propón desenvolver un sistema instalado en drons (...)
Ler máisBalidea, recoñecida como provedora do sector público danés
A empresa galega Balidea, unha das novas firmas tecnolóxicas con maior presenza internacional, vén de dar un novo paso no seu proceso de afianzamento no mundo, xa de por si consolidado. Este novo paso ten como escenario Dinamarca, que vén de converter a empresa tecnolóxica con sede principal en Santiago en provedora homologada de solucións e proxectos TIC (...)
Ler máisNetun e o seu dispositivo de emerxencias nas estradas, Premio Novo Emprendedor 2017
A firma innovadora Netun Solutions, da que falamos recentemente en Código Cero para salientar o seu proceso internacional de espallamento (sobre todo cara aos Estados Unidos) e máis a incorporación ás súas fileiras de Lucía Gregorio (ex directora xeral da asociación Ineo), vén de recibir un novo impulso á súa actividade, centrada, como lembraremos, no deseño, (...)
Ler máisBalidea leva a Holanda o seu asistente virtual para o avellentamento activo
O Clúster Saúde de Galicia (CSG) organiza esta semana unha misión comercial nos Países Baixos, LexSaúdeHolanda. A delegación da nosa terra contará con presenza TIC, a da firma de Santiago Balidea, que participa como referente en solucións innovadoras para o ámbito médico e asistencia social. Por exemplo o seu asistente virtual para o envellecemento activo, NETA (...)
Ler máisSIVSA optimiza con tecnoloxía de seu a xestión de FAIN Ascensores
A galega SIVSA, referente do sector TIC, vén de informar dos detalles do seu traballo realizado para FAIN Ascensores, outra empresa destacada do panorama peninsular, aínda que centrada no eido da elevación. En termos concretos, a empresa con sede en Vigo dixitalizou os procedementos de xestión de ordes de traballo de FAIN Ascensores, e fíxoo co (...)
Ler máis0 | ... | 460 | 470 | 480 | 490 | 500 | 510 | 520 | 530 | 540 | ... | 660