empresas
Javier Garzás e Vitae achegan na Coruña un curso sobre axilidade avanzada
Vitae Consultores vai organizar este verán un curso especializado e intensivo para que os nosos profesionais formados en modelos áxiles poidan seguir dando pasos no camiño da máxima excelencia e capacitación. Estamos a falar do Curso Axilidade Avanzada, impartido por Javier Garzás. Serán oito horas de formación coa posibilidade de obter a Certificación Scrum (...)
Ler máisVitae bríndanos unha nova oportunidade de asistir ao seu curso de introdución á ciberseguridade no posto de traballo
Para sermos bos profesionais das novas tecnoloxías ou de calquera outro ámbito de traballo, non abonda, hoxe en día, con desenvolver axeitadamente o labor propiamente dito que nos foi encomendado. Cómpre acompañar todas as tarefas cotiás de medidas que garantan a seguridade e a protección das informacións e as comunicacións que nos atinxan e atinxan aos demais, (...)
Ler máisImproving Metrics, entre as empresas con maior rendemento de Galicia
A empresa coruñesa Improving Metrics, da que falamos hai pouco con motivo dun singular experimento de analítica avanzada e Big Data celebrado na sede local da Fundación Paideia (onde se mediu o custe dun congreso profesional polos sorrisos dos asistentes), vén de recibir estes días un importante recoñecemento ao seu labor, máis en detalle “polo seu constante (...)
Ler máisSIVSA renova as licenzas FileNet da Deputación de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra, por terceiro ano consecutivo, vén de confiar na empresa galega SIVSA, con sede en Vigo en centrada no subministro de tecnoloxías dixitais avanzadas, en relación á renovación das licenzas para a xestión de contidos FileNet. A firma TIC resultou adxudicataria do contrato para este ano 2019, que inclúe unha contía de 27.764,66 euros. O (...)
Ler máisVodafone medra un 2% en materia de ingresos por servizo
Vodafone anunciou hoxe os resultados financeiros do terceiro trimestre do seu ano fiscal (que, como lembraremos, vai do 1 de outubro ao 31 de decembro de 2017) en España. Entre os datos máis salientábeis da batería de números figuran, como eran de agardar, os relativos ao crecemento e aos ingresos. Segundo se fai saber no informe, no devandito período os (...)
Ler máisJuan Naya: “Sabemos o que estamos facendo hoxe en materia tecnolóxica, pero mañá todo pode cambiar”
O mundo cambia e o mundo tecnolóxico ten aínda un ritmo máis acelerado. Na consultora Vitae, amais de adestrarnos no manexo das ferramentas de xestión, análise de datos e comunicación máis avanzadas do panorama TIC, tamén se nos mostra como permanecer en estado de continua actualización. Dito doutro xeito: Vitae ponnos á par dos grandes desenvolvementos (...)
Ler máisOs recursos de impulso dixital de Google, a disposición dun centenar de PEME en Santiago
Máis de cen PEME galegas xuntáronse este xoves 30 na sede da Cámara de Comercio de Santiago para participaren no obradoiro presencial de Activa o teu Negocio, o proxecto impulsado por Google co obxectivo de optimizar a presenza e actividade en liña das PEME a través de formación en competencias dixitais e no que concorren como socios a Fundación INCYDE das (...)
Ler máisOrange merca República Móvil
O Operador Móbil Virtual (OMV) República Móvil leva bastante tempo destacando polos seus prezos agresivos, o que valeulle unha carteira de 130.000 clientes dos seus servizos de voz e datos, facendo a compañía o suficientemente atractiva para que Orange España decidise adquirir o 100% das súas participacións, mantendo o funcionamento de República Móvil como un (...)
Ler máisTeimas Desenvolvemento, exemplo de innovación tecnolóxica no sector da reciclaxe
O director de Xesgalicia, Juan Cividanes, mantivo esta mañá un encontro en Santiago de Compostela cos directivos de Teimas Desenvolvemento, empresa da que destacou a súa especialización e capacidade tecnolóxica no sector da reciclaxe, onde salientou que a compañía santiaguesa xestiona os residuos de máis de 150 clientes industriais de todo o territorio nacional (...)
Ler máisGAMELSA, o CTAG e Televés amplifican co proxecto CLAUDIIA os beneficios da Industria 4.0
Este xoves 10 de marzo celebrouse a presentación de resultados do proxecto CLAUDIIA, liderado pola empresa GAMELSA e na que toman toman parte o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e outras dúas empresas do grupo Televés Corporación, Arantia e GAINSA.
Ler máis0 | ... | 490 | 500 | 510 | 520 | 530 | 540 | 550 | 560 | 570 | ... | 700