empresas
A galega Domesting lanza un software pioneiro para dixitalizar e automatizar todas as tarefas dun hotel
A firma innovadora Domesting, con sede na Coruña, vén de comunicarnos que ten entre mans un interesante proxecto de software dirixido a facer máis doadas, eficaces e eficientes as tarefas diarias a desenvolver nun hotel. A iniciativa, en fase de desenvolvemento, chámase Hospitality e materializaríase nun software que é quen de centralizar as comunicacións (...)
Ler máisTelefónica Open Future organiza un desafío virtual encamiñado ao turismo e o emprendemento social
Telefónica Open Future, o programa global para apoiar o talento dos emprendedores, NH Hotel Group e Acción contra a fame únense para levar adiante o Open Future VR Challenge, a primeira convocatoria para que emprendedores de todo o mundo elaboren solucións de realidade virtual para os sectores de turismo, industria e emprendemento social. A finalidade deste (...)
Ler máisTelefónica quere loitar contra os xigantes da Internet polo control dos datos dos usuarios
Durante a súa intervención no XXX Encontro de Telecomunicacións e Economía Dixital organizado por AMETIC en Santander, o presidente de Telefónica, José María Álvarez-Pallete sorprendeu falando dunha “cuarta plataforma para pór a disposición dos seus clientes toda a súa información”, ou sexa, para cortar as ás a compañías como Facebook e Google, que fan negocio cos (...)
Ler máisAltia impulsa a transformación tecnolóxica do Ministerio de Agricultura e Pesca
O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) adxudicou á empresa galega Altia o proxecto para desenvolver os seus sistemas informáticos, impulsando a súa transformación dixital co mantemento das tecnoloxías Java e .NET e facendo evolucionar a súa arquitectura tecnolóxica. Búscase “deseñar, desenvolver e implementar novos sistemas”, así como para crear (...)
Ler máisBalidea colabora con Castela e León nas campañas e cribados anti-COVID
A empresa galega Balidea está a colaborar coa Xerencia Rexional de Saúde de Castela e León (SACYL) no desenvolvemento de diversos proxectos relacionados coa COVID-19, entre os que destacan VACO e CRCO. Ditos sistemas pretenden axudar a planificar e xestionar as campañas de vacinación, así como os cribados selectivos con (...)
Ler máisA Galiciencia 2016 exhibirá 75 enxeños smart
A Galiciencia deste ano (edición 11) promete ser máis que nunca unha feira de coñecemento e innovación com vistas ao futuro. Co engadido extra de que esta innovación vén da man de quen, por forza e por lóxica, é de por si innovadora: a nosa rapazada. Segundo informa a organización da feira, a Tecnópole, nesta convocatoria en curso amosaranse até 75 proxectos (...)
Ler máisVitae salienta con dúas xornadas as vantaxes de sermos profesionais TIC con saúde
O vindeiro mes de marzo, Vitae Consultores organiza na Coruña (o día 23) e en Vigo (o día 24) dúas xornadas en aberto centradas na saúde das persoas e organizacións. A intención da consultora tecnolóxica galega, moi centrada en actualizar os contidos dos nosos profesionais en relación coas máis avanzadas ferramentas e tendencias dixitais, é “mellorar a saúde das (...)
Ler máisVitae achéganos aos mellores métodos para converternos en expertos en ciencia dos datos
Co remate do verán e o principio da primavera, imos ter unha nova oportunidade para formarnos en xestión do coñecemento. Ou sexa, para saber como poñer orde no que xeramos e no que xeran os demais e, sobre todo, para aprender a atopar os elementos que nos van axudar a afinar a puntería empresarialmente. Todo isto vén a conto porque a consultora galega Vitae (...)
Ler máisO Clúster TIC Galicia e a LaconNetwork premian ao mellor do sector tecnolóxico galego
Mensualmente os albaneis da nube xúntanse en encontros gastronómicos por distintas localizacións galegas para fornecer o contacto dos distintos axentes do sector TIC galega, e esta iniciativa chamada LaconNetwork ten xa como unha tradición iniciar o ano celebrando o seu aniversario e celebrando unha gala de entrega de premios que axude a dar visibilidade a (...)
Ler máisManuel Ángel Alonso, novo director do Territorio Norte de Telefónica
O galego Manuel Ángel Alonso (Vigo, 1972) é o novo director do Territorio Norte de Telefónica España, que inclúe as comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra e A Rioxa. Alonso, que reportará ao novo conselleiro delegado de Telefónica España e Movistar+, Sergio Oslé, ocupaba até o de agora o cargo de director de Administracións (...)
Ler máis0 | ... | 510 | 520 | 530 | 540 | 550 | 560 | 570 | 580 | 590 | 600