En breve poderiamos ter no mercado smartwatches infantís económicos

venres, 28 de agosto do 2015 Marcus Fernández

Dende Engadget están a dar conta dun produto que grande aceptación no noso mercado cando chegue antes de rematar o ano, pois trátase dos novos smartwatches de Tencent, os QQ Watch, que contan cunha pantalla OLED de 1,12 polgadas cunha resolución de 128 x 128 píxeles, resistencia IP65, botón de petición de axuda, conectividade móbil 2G e triangulación simultánea a través de GPS, Wi-Fi e móbil para conseguir unha alta precisión.
Outro detalle significativo é que o reloxo conta cunha cámara de 0,3 Mpíxeles pensada en que un neno perdido poida mandar fotografías de onde se atopa aos seus proxenitores (cos que pode estar en contacto a través de WeChat.
Aseguran que este reloxo de pulso terá unha autonomía de até 5 días, e cárgase a través dun conector magnético. Falta por coñecerse o seu prezo (que promete ser asumible) e o primeiro país no que sairá á venda será China (no mes de outubro).

PUBLICIDADE