Entra en probas a aplicación que permitirá que levemos o carné de conducir no móbil
luns, 27 de xaneiro do 2020
O pasado verán anunciaron que a
aplicación móbil miDGT permitirá empregar o smartphone a xeito de permiso de conducir
e permiso de circulación do noso vehÃculo, con plena validez legal, e
finalmente chegou
a Android mediante acceso anticipado está aplicación (que no momento de
escribir estas liñas non acepta máis usuarios de proba), de xeito que xa é unha
realidade a posibilidade de levar a nosa documentación de Tráfico no móbil se
accedemos a través desta ferramenta tirando proveito da identificación do
sistema Cl@ve.
Dado que a aplicación está en probas, aÃnda será preciso levar a documentación da
DGT en soporte fÃsico, pero proximamente a Dirección Xeral de Tráfico aprobará
o regulamento que faga oficial a versión dixital dos seus permisos, facilitando
tamén máis adiante a posibilidade de recibir avisos, pagar sancións, pedir cita
nas súas oficinas e, en definitiva, realizar os principais trámites relacionados
cos permisos e os nosos vehÃculos.
A aplicación tamén tirará proveito da cámara do smartphone para a lectura de
códigos QR para verificar permisos dixitais.