Epic Mickey 2 será un xogo musical

mércores, 21 de marzo do 2012 Marcus Fernández

O xogo Epic Mickey para Wii, pese a ser un grande logo artístico, non conseguiu meter ao público no peto, e o seu responsable, Warren Spector, quere corrixir os erros na súa secuela, Epic Mickey2: The Power of Two, título que recuperará a moitos personaxes esquecidos de Disney, e que vai sorprender por adoptar unha fórmula moi da casa, que nos videoxogos non resulta nada heterodoxa: será un musical.
Para este novo reto Spector contará con Jim Dooley e Mike Himelstein, compositor e letrista da película Dorothy of Oz, que animarán este novo xogo que tamén intentará conectar co público cun coidado modo cooperativo no que o rato Mickey contará coa axuda do seu predecesor, o coello da sorte Oswald (do que Disney recuperou os dereitos en 2006 e ao que xa rendía homenaxe a primeira entrega desta saga).
Epic Mickey 2 non só chegará para a Wii, senón que tamén terá versións para Xbox 360 e PlayStation 3, deixando claro que estamos ante un xogo máis ambicioso que poderemos ver no vindeiro outono.

No xogo o rato Mickey contará coa axuda do coello Oswald

PUBLICIDADE