Epson presenta un prototipo de papel electrónico de 13,4 polgadas e 385 dpi

xoves, 22 de maio do 2008 Marcus Fernández

O SID 2008 de Los Ángeles non serve só para amosar grandes pantallas LCD e de plasma, senón que o evento tamén vén de ser aproveitado por Epson para amosar ao público a súa solución de papel electrónico de 13,4 polgadas (tamaño A4) que destaca por presentar unha imaxe de 3.104 x 4.128 píxeles, o que supón unha resolución de 385 puntos por pulgada, o que sería o meirande papel electrónico de Epson e destacaría pola súa alta definición.
Este novo produto combinaría a tecnoloxía de tinta electrónica de E-Ink con policristais Si-TFT de baixa temperatura de Seiko Epson, o que permite conseguir unha relación de contraste de 10:1 e unha reflectancia do 40%.
Esta papel electrónico sería só un prototipo, pero a empresa está a pensar na súa produción masiva, pois estes produtos están a achegarse cada vez máis ao que sería unha alternativa viable ás publicación impresas.

PUBLICIDADE