Evolve sae á venda para PS4, Xbox One e PC

martes, 10 de febreiro do 2015 Marcus Fernández

Hoxe chega ás tendas a última produción de Turtle Rock Studios, creadores de Left 4 Dead, o prometedor xogo de acción Evolve, que proponse como un shooter multi-xogador de nova xeración no que catro xogadores enfrontan a un monstro controlado por un so xogador en partidas de catro contra un cheas de adrenalina. Deste xeito poderemos optar por encargar a un monstro con salvaxes habilidades ou a unha das catro clases de cazadores (trampeiro, apoio, asalto e médico) para rematar coa criatura en equipo.
Estamos ante unha das grandes apostas de 2K Games para a primeira metade do ano, que chega simultaneamente a Xbox One, PlayStation 4 e PC (Steam), a un prezo de 69,99 euros nas consolas da presente xeración e de 59,99 dólares no caso de versión para ordenadores con Windows. Por 20 euros adicionais tamén é posible mercar unha edición de luxo de Evolve que inclúe varios contidos descargables e o pase de tempada que inclúe 4 cazadores novos e 3 deseños de magma exclusivos.

O xogo permítenos formar parte dun equipo de catro cazadores ou controlar á criatura á que teñen que enfrontarse


Trailer de lanzamento de Evolve

PUBLICIDADE