Evoz, un novo monitor de bebés conectado
martes, 17 de febreiro do 2015
Nas últimas horas un novo proxecto en Indiegogo conseguiu
superar o seu obxectivo de financiamento ao pouco de comezar, dando a entender
que o seu concepto resulta o suficientemente atractivo. Trátase de Evoz,
un monitor de bebés conectado que non só contarÃa cunha cámara de alta
definición para poder facer un seguimento dun cativo dende calquera lugar,
senón que tamén gozarÃa de certa interactividade, xa que dende a aplicación
móbil dende a que se xestiona a cámara tamén podemos activar a reprodución de
arrolos para adormentar á criatura ou incluso falarlle a través do dispositivo
(o que tamén pode resultar de utilidade para dar instrucións remotas a unha
persoa que estea a coidar do bebé).
O Evoz tamén ten funcións de control de luz nocturna (a base da propia cámara
inclúe unha pequena lámpada), alertas de temperatura e choro e, como é propio
dun dispositivo con cámara, tamén pode disparar fotografÃas e gravar vÃdeo. O
trebello pode comunicarse a través da Wi-Fi doméstica, comunÃcase con
aplicacións móbiles para Android e iOS, dispara alertas push, en aplicación, por SMS e correo electrónico e pretende
comezar a remitirse aos mecenas que o financien o vindeiro mes de abril, para o
que terán que achegar dende 179 dólares (165,74 euros incluÃndo os gastos de
envÃo).
VÃdeo promocional do Evoz