ExoPC Slate, unha alternativa ao iPad con Windows 7

luns, 1 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Coa presentación do iPad van ser moitos os fabricantes que amosen nos vindeiros días os seus propios tablets, coma o ExoPC Slate, que funciona cun procesador Intel Atom N270 a 1,6 GHz (moi habitual en ordenadores ultraportátiles de baixo custo) con tarxeta gráfica integrada Intel GMA 950, 2 Gb de RAM, pantalla multi-táctil de 8,9 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles, unidade de memoria sólida de 32 Gb, lector de tarxetas SD/MMC, Wi-Fi, Ethernet e Bluetooth, que funcionará co sistema operativo Windows 7, terá unha autonomía de 4 horas e venderase a 599 dólares (430,23 euros) a partires de marzo, de xeito que podería incluso ser máis barato que o iPad, gozando de maior versatilidade (por funcionar cun sistema operativo de sobremesa completo) aínda que cun deseño menos pulido e unha duración da súa batería moi inferior.

PUBLICIDADE