FIFA 14 estrea versión táctil para Windows 8
luns, 31 de marzo do 2014
O xogo deportivo de Electronic Arts FIFA 14 chegou no outono a ordenadores, consolas de videoxogos e
dispositivos móbiles con iOS e Android, polo que pode resultar un tanto
sorprendente que finalmente desembarque de
balde na tenda de aplicacións de Windows 8 como un xogo optimizado para dispositivos
con pantalla táctil en contraste coa versión
dixital para PC á venda por 39,95 euros (en edición fÃsica custarÃa 10
euros máis).
Estamos ante un xogo que pouco ten que ver coa versión ordinaria de PC, senón
que achegarÃa a mesma experiencia que o xogo para iPad e tablets con Android,
que permite un uso limitado de balde, podendo eliminarse as restricións
presentes mediante pagamentos integrados na aplicación (abrindo asà modos de
xogo como Mánager, Torneo e Partido rápido). O xogo conta con 34 ligas, máis de
600 equipos con licenza e máis de 16.000 xogadores; inclúe comentarios en
español e tamén conta coa posibilidade de gañar, intercambiar, comprar e vender
xogadores de FIFA para crear un equipo virtual (Ultimate Team).
O xogo non só funciona con procesadores Intel, senón tamén con procesadores
ARM, de xeito que practicamente serÃa compatible con todos os tablets con
Windows 8 do mercado (aÃnda que dende EA advirten que poderÃa dar problemas con
algunha gráfica ATI). Cómpre destacar que este xogo, ao estar optimizado para
dispositivos táctiles, non permite o seu control mediante o teclado.