FIFA 14 para PS2, Wii, PS Vita e Nintendo 3DS non incluirá novidades

luns, 23 de setembro do 2013 Marcus Fernández

Cando o ano pasado chegou o xogo FIFA 13 á Wii resultaba evidente que tratábase dunha revisión do FIFA 12 no que limitáranse practicamente a actualizar o cadro de xogadores dos equipos, e agora parece que este tratamento vai normalizarse en todas as versións menores de FIFA 14, que amosarán na súa portada a etiqueta legacy edition para deixar claro que trátase de versións do xogo sen melloras de xogabilidade, e que afectará ás consolas PlayStation 2, Wii, PlayStation Vita e Nintendo 3DS, polo que podería desaconsellarse directamente a súa compra para todo o que mercase a edición do ano pasado, xa que estarían adquirindo basicamente o mesmo xogo.
Aínda que as editoras deixan claro que estas novas entregas de FIFA limítanse a actualizar o cadro de xogadores, non por iso reducen o seu prezo, e sairán inicialmente a prezo completo (aínda que é de prever que caia rapidamente tras a semana de lanzamento, por non seren xogos realmente novos).
Estas versións serían especialmente penosas no caso de FIFA 14 para Wii (pois ao non ter cambios o ano pasado, vería a ser a terceira vez que venden o FIFA 12) e incluso nunha consola tan recente como a PS Vita o xogo podería ser lamentable (pois herdaría a xogobailidade do FIFA Football de 2012, que apenas contiña novidades fronte ao FIFA 11 de PSP).
FIFA 14 sairá á venda nas consolas actuais o vindeiro xoves 26 de setembro, resultando bastante preocupante o feito de que as versións de consolas portátiles modernas estean a recibir o mesmo tratamento que consolas domésticas en extinción.

PUBLICIDADE