FIFA 19 liderou as vendas na PlayStation Store en 2018

venres, 11 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

Aínda que 2018 foi o ano de Fortnite, que este título free-to-play tivese un forte impacto non impediu que os clásicos conseguisen manter as súas posicións líderes en vendas, en no repaso das vendas da PlayStation Store en 2018 non sorprende que o xogo máis vendido fose unha vez máis FIFA 19, seguido doutro imprescindible para moitos xogadores, Call of Duty: Black Ops 4, de xeito que o xogo máis importante do ano, Red Dead Redemption 2 tivo que conformarse cun 3º posto, seguido por Grand Theft Auto V (que coas súas rebaixas captou a moitos xogadores ao seu modo de xogo en liña), God of War (para moitos, o xogo do ano) e Marvel’s Spider-Man (o grande éxito da campaña de Nadal en PS4).
Sorprende ver como FIFA 18 e Gang Beasts conseguiron coarse nos postos 7 e 8 das vendas, ou Rocket League na posición 9, de xeito que os títulos multixogador conseguiron imporse a Far Cry 5 (no 10º posto) e a outros xogos bastante fortes como Battlefield 1 (11) ou Horizon Zero Dawn (12).
Para PlayStation VR xa non resulta tan sorprender comprobar que Beat Saber, herdeiro dos xogos de ritmo que tanto éxito tiveron no paso, coróase como o rei da realidade virtual en PS4, pese a saír á venda a finais de novembro.
Iso si, o fenómeno de Fortnite si que deixouse notar na listaxe de vendas dos contidos descargables, de xeito que os 7 DLC máis vendidos foron para este xogo, entrando a maiores no Top 10 só Call of Duty: WWII, Horizon Zero Dawn e Marvel’s Spider-Man.

PUBLICIDADE