FIFA 20 chega ás tendas

venres, 27 de setembro do 2019 Marcus Fernández

O que para moitos é a compra obrigada do anoxa está aquí: chega a Xbox One, PlayStation 4 e PC o novo EA Sports FIFA 20, que no caso de Nintendo Switch limítase a unha Edición Legacy, ou sexa, sen novidades máis aló da actualización dos datos dos xogadores.
Esta nova entrega de FIFA recibe numerosas melloras no ámbito do xogo, o FIFA Ultimate Team agrega novas opcións, con Football Inteligence acada novas cotas de realismo... pero o detalle que está a captar maior atención é a estrea de EA Sports VOLTA, un novo modo de xogo que recupera os partidos a escala urbana, ou sexa, que dentro do FIFA incorporaron o que na anterior xeración de consolas chamaba FIFA Street, e que conseguira certo éxito durante 4 edicións.
VOLTA non será un simple modo de xogo básico, senón que contará con grandes niveis de personalización, competicións en liña e a posibilidade de xogar en distintas variacións de xogo, que van dende un 3 contra 3 sen porteiro até coas normas do fútbol sala, de aí que non serán poucos os que queiran dar unha oportunidade a este modo de xogo.

O fútbol urbano chega a FIFA 20 como EA Sports VOLTA

Tráiler de lanzamento de FIFA 20

PUBLICIDADE