FNAC reforza este mes de setembro a súa oferta tecnolóxica

xoves, 3 de setembro do 2015 Redacción

A cadea FNAC está a anunciar, con vistas ao comezo dun dos seus grandes período de ventas, unha serie de novidades importantes no ámbito da súa oferta tecnolóxica. Sen ir máis lonxe, este mes de setembro (todo o mes) desenvolverase nos seus establecementos a campaña Reinicia, #ReiniciaConFnac, destinada a amosar e fornecer aos clientes novas tecnoloxías do mercado do ámbito doméstico.
A principal novidade disto radica en que a campaña non se vai centrar só nos trebellos e os dispositivos de índole máis tradicional senón que tamén se fará fincapé, complementariamente, no que se vén chamando a Internet das Cousas, que son os obxectos e servizos que abrollan dunha nova orde dixital (en desenvolvemento a día de hoxe) que intercomunica nun diálogo máis estreito persoas e tecnoloxías a través de redes avanzadas.
Estas novidades IoT (básculas 2.0, drons, lámpadas conectadas a Internet, etc) poderán probarse de primeira man en varios centros FNAC entre os días 14 e 20 de setembro. Estes espazos de demostración do fogar dixital (#CasaConectadaFnac) instalaranse nos establecementos de Callao (Madrid), L’illa (Barcelona), Marbella, Triangle (Barcelona) e Valencia.
Dentro do catálogo de novidades tecnolóxicas que FNAC neste mes de setembro cómpre salientar o lanzamento da phablet FNAC M5, un dispositivo intelixente con pantalla de cinco polgadas FullHD, tecnoloxía Quantum Cor+, procesador Snapdragon 615 octa-core, 2 GB de memoria RAM e 16 de almacenamento interno, DualSIM, 4G e NFC, e unha instalación de Android 5.0 Lollipop.

PUBLICIDADE