Facebook permitirá que as aplicacións accedan aos nosos datos de contacto

luns, 17 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

Nas plataformas de redes sociais non só temos información como fotografías e listaxe de amigos, senón que tamén podemos introducir o noso número de teléfono e o noso enderezo, o que pode facilitar aos nosos amigos e coñecidos contactar con nós, pero esa información podería ser de grande utilidade para o comercio electrónico, de aí que dende Facebook veñen de incorporar á súa plataforma a posibilidade de compartir este tipo de información de contacto cunha sinxela autorización, o que pode resultar moi práctico para a realización de compras a través da Internet (evitando ter que cubrir grandes formularios cos nosos datos).
Aínda que esta novidade sexa moi interesante e útil, non debemos esquecer que a introdución de certa información na web non está ausente de perigos, polo que habería que tomar certas precaucións á hora de autorizar o acceso aos nosos datos e non limitarse a autorizar calquera aplicación da que nos chegue algunha invitación a través dalgún amigo, pois hai moitos precedentes de abusos a través de Facebook para o envío de publicidade non desexada ou para facer máis doado o roubo de identidade.

PUBLICIDADE