Fahrenheit volve en alta definición
luns, 2 de febreiro do 2015
En
2005 Quantic Dream sorprendeu cun videoxogo bastante innovador ao incorporar
unha narrativa interactiva sen precedentes, que que poderiamos considerar como
precursora ás mecánicas que anos despois adoptarÃan tÃtulos como Heavy Rain e Beyond: Dos Almas, que atrevéronse a afondar neste xénero de pelÃculas interactivas. Fahrenheit (coñecido nos EE.UU. baixo o
tÃtulo de Indigo Prophecy) tivo unha
acollida bastante boa, converténdose nun xogo moi premiado, e para facilitar a
súa recuperación por parte dos afeccionados a thrillers paranormais ou a xogos nos que a narración ten máis peso
que a xogabilidade, temos agora Fahrenheit: Indigo Prophecy Remastered,
unha reedición do xogo que actualizou os seus gráficos á alta definición (ofrecendo
tamén a posibilidade de ver os gráficos orixinais), adaptou o seu control aos
mandos máis habituais e incluso estreouse para dispositivos táctiles.
AsÃ,
podemos mercar o xogo para
Windows, OS X ou Linux en Steam a un prezo de 9,99 dólares, recorrer á Mac
App Store para mercar
o tÃtulo por 9,99 euros, optar por GameAgent para adquirir
o xogo para Mac ou para
Linux a só 8,99 euros, ou adquirir
a versión para iOS por 9,99 euros.
Cómpre destacar que a versión orixinal do xogo aÃnda está dispoñible para a súa
compra en liña en
GOG por 5,39 euros, e que a remasterización
de Fahrenheit colleu como base a
versión internacional sen censura do xogo.
- Imaxe da versión de 2005 de Fahrenheit
- Imaxe da versión de 2015 de Fahrenheit
Trailer de lanzamento da remasterización de Fahrenheit