Fall Guys chegará a consolas Xbox no verán

venres, 19 de febreiro do 2021 Marcus Fernández

Durante o último Nintendo Direct anunciouse que o vindeiro verán chegará a Nintendo Switch o xogo Fall Guys: Ultimate Knockout, dando a entender que un dos grandes éxitos virais do pasado verán perdía a súa exclusividade en consolas (o xogo só está dispoñible actualmente para PlayStation 4 e PC), o que confírmase agora que anuncian que Fall Guys tamén chegará a Xbox Series X|S e Xbox One o vindeiro verán.
Esta ampliación de plataformas pode provocar que o fenómeno de Fall Guys, que perdeu moito pulo nos últimos meses, recupere forza ao chegar a un público diferente, especialmente no caso da Nintendo Switch, no que sumaríase á comunidade de usuarios xogadores en mobilidade ou un público de menor idade.
Dende Devolver DIgital tomáronse moi en serio Fall Guys e, conscientes de necesidade de renovación para manter o interese, levan dende o seu lanzamento incorporando novos contidos a través de actualizacións de tempada (e incluso de media tempada) de xeito que aproximadamente cada 2 meses temos un produto con moitos novidades por descubrir.

PUBLICIDADE