Far Cry 2 funcionará en ordenadores medios
venres, 17 de outubro do 2008
Os xogos
espectaculares que saen para PS3 e Xbox 360 cando se adaptan ao PC normalmente
sorprenden cunhas esixencias de hardware que están fóra do alcance da meirande
parte de usuarios, de xeito que tÃtulos coma Crysis se gañan unha sona de exclusividade que fai que os xogadores
para PC lles collan certo medo, erro que non parecen querer cometer os
responsables de Far Cry 2, xogo que chegará en breve
ás tendas españolas e que segundo unha análise
elaborada dende PC Games Hardware funciona satisfactoriamente en equipos de
gama media.
Segundo a publicación «incluso cun Core 2
Duo E6600 ou un Athlon 64 X2 6000+ e tarxetas gráficas GeForce 9800 GT/8800 GT
ou Radeon HD 48500 se pode xogar ao máximo de detalle», podendo claramente
funcionar satisfactoriamente con equipos de prestacións inferiores. Agardemos
que esta contención nos requisitos para o funcionamento do xogo (que supomos
que se debe a unha optimización do mesmo) sirva de exemplo para futuros
desenvolvementos, e que non pechen a porta do PC como plataforma de xogo
válida.