Feedair, un orixinal display LED con Wi-Fi
mércores, 11 de xaneiro do 2012
No CES
de Las Vegas non só se están a ver os últimos televisores, novos tablets e
teléfonos móbiles, senón tamén produtos curiosos como o Feedair,
unha pequena pantalla de dÃodos LED que pretende chegar ás tendas no mes de
marzo a un prezo duns 50 dólares e que amosar mensaxes a través de fluxos RSS,
de xeito que poderÃa presentar dende correos electrónicos ata tweets.
O control deste trebello realÃzase a través dunha aplicación para iOS ou
Android, e o seu formato convérteo nun accesorio que pode figurar nun
escritorio como un pisapapeis, polo que tamén pode resultar práctico para
recibir comunicacións dun xeito relativamente discreto.