Filtran varias imaxes do futuro CrunchPad
luns, 13 de abril do 2009
Durante a Semana
Santa filtráronse
á Rede imaxes do que poderÃa ser o CrunchPad, un Web Tablet, ou sexa, unha especie de iPod Touch xigante, cunha
pantalla táctil capacitiva de 12 polgadas que funcionarÃa cun procesador Intel
Atom, con conectividade Wi-Fi e a posibilidade
de funcionar tamén cun teclado e un rato USB, de xeito que serÃa ideal para
gozar da Internet en moitas situacións, e que poderÃa saÃr á venda por un prezo
bastante axustado (200 dólares). As imaxes dan a entender que o produto poderÃa
estar moi próximo ao seu lanzamento oficial.
O proxecto de desenvolvemento deste equipo xa se
anunciou o pasado verán por parte de Michael Arrington, e de poder manter o
prezo estimado parece seguro o seu éxito comercial, xa que ofrecerÃa moitas das
atractivas prestacións dun iPhone de cara á web, pero sen limitarse a unha
pantalla de pequeno tamaño, aÃnda que terá que facer fronte á dura competencia
que supoñen hoxe os ultraportátiles de baixo custo.
- O CrunchPad conta cun teclado virtual para a introdución de texto