Fíltranse as especificacións dun hipotético Nokia Lumia 900

xoves, 17 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Cando aínda non temos nas tendas os móbiles Nokia Lumia 800 e 710, sorprendeu a filtración das especificacións dun novo terminal da compañía finlandesa con Windows Phone, que presumiblemente sería o Nokia Lumia 900, e que sería unha especie de irmán maior do Lumia 800, funcionando cun procesador Snapdragon a 1,4 GHz, 1 Gb de RAM e unha pantalla ClearBack AMOLED de 4,3 polgadas. Tamén contaría cunha cámara de 8 Mpíxeles con óptica Carl Zeiss, enfoque automático e dobre flash LED, batería de 1.800 mAh, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, NFC e almacenamento interno de 16 ou 32 Gb.
Continuando coas filtracións, tamén puido verse accidentalmente en YouTube un vídeo no que aparecería este novo móbil:

Especificacións do futuro Nokia Lumia 900

PUBLICIDADE