Fíltranse detalles do Samsung Galaxy S III

venres, 20 de abril do 2012 Marcus Fernández

Adiantándose ao anuncio oficial que agárdase que teña lugar o vindeiro día 3 de maio, un blog tecnolóxico vietnamita vén de avanzar detalles do que será o Samsung GT-i9300, que podería ser o Samsung Galaxy S III, e que tería unha pantalla SuperAMOLED de 4,6 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, procesador de catro núcleos a 1,4 GHz, 1 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSDHC, cámara de 8 Mpíxeles con flash LED e gravación de vídeo a 1.080p, NFC, batería de 2.050 mAh e sistema operativo Android 4.0.3 con interface de usuario TouchWiz personalizada por Samsung.
Estariamos ante un moi digno sucesor do Samsung Galaxy S II, que situaríase á última a nivel técnico, mellorando especialmente a súa pantalla, aínda que dende Samsung negáronse a confirmar as filtracións sobre o novo terminal.


O terminal filtrado visto en vídeo

PUBLICIDADE