FÃltranse numerosos detalles do dron DJI Mavic Air
luns, 22 de xaneiro do 2018
O dron DJI
Mavic Pro destacou no seu momento polo seu formato extraordinariamente compacto,
facendo posible o soño de moitos entusiastas de poder levar o seu trebello voador
nunha mochila, aÃnda que resulta aÃnda máis rechamante o DJI
Spark, por poder aspirar a ser un produto para o grande público grazas ao
seu prezo máis contido, o seu tamaño aÃnda inferior (cunhas medidas de 143 x 143
x 55 milÃmetros e un peso de 300 gramos) e funcionalidades que facÃan moi doado
o seu control (podendo guiarse incluso con xestos da man).
Pero a redución de tamaño do DJI Spark supuxo a perda de prestacións, de xeito
que en vez de gravar vÃdeo en 4K limitábase a Full HD, e mañá está prevista a
presentación do seu sucesor, que posiblemente xunte o mellor de cada un destes
drons: o DJI Mavic Air.
AÃnda que até mañá non coñeceremos os detalles, hoxe
filtráronse numerosas das súas especificacións, como que disparará
fotografÃas de 32 MpÃxeles con modo para panorámicas, gravarÃa vÃdeo en 4K a 60
imaxes por segundo, integrará un gimbal de 3 eixes (fronte aos 2 eixes do DJI
Spark), terá 4 patas encartables (como o Mavic Pro), integrará sensores para
evitar o choque con obstáculos, está equipado cun sistema de posicionamento
visual (VPS) para un mellor control e un mellor uso en interiores), permite
tamén control por xestos, a súa autonomÃa será de até 21 minutos de voo e
estará dispoñible en 3 cores (branco, negro e vermello).
Quedan por saber detalles como o seu rango de control ou o seu prezo (que
espérase que sexa de 699 dólares), pero resulta innegable que este segmento de
produtos continúa a evolucionar, sendo cada vez máis asumible o uso de cámaras
voadoras coas que realizar impresionantes filmacións alà onde os regulamentos
locais o permiten.