Fíltrase código fonte de procesadores gráficos de AMD

xoves, 26 de marzo do 2020 Marcus Fernández

AMD está a loitar contra a difusión de código fonte relativo ás tarxetas gráficas que integrarán as futuras consolas Xbox, que terías subtraído o pasado mes de novembro nun equipo informático hackeado. Parte deste código chegou a publicarse na web, aínda que retirouse rapidamente a petición de AMD, como vén de recoñecer a compañía, que asegura que a información roubada non é crucial para a competitividade e a seguridade dos seus produtos, á vez que confirma estar a traballar nunha investigación criminal en curso.
A suposta ladroa da información filtrada estaría a procurar un comprador para a mesma e, de non atopalo, ameaza con publicar os datos ao completo na Rede, aínda que resulta bastante difícil que alguén pague 100 millóns de dólares para evitar esta filtración de información masiva, aínda que o posible impacto da filtración na seguridade de futuros produtos é toda unha incógnita.

PUBLICIDADE