Fíltrase hardware de Xbox inspirado en Cyberpunk 2077

venres, 17 de abril do 2020 Marcus Fernández

Aínda que estea próxima a vindeira xeración de consolas iso non impide que as compañías continúen a preparar novas versións especiais das súas consolas actuais, e nas últimas horas filtrouse a través da tenda de Amazon en Canadá o mando sen fíos edición limitada inspirado no xogo Cyberpunk 2077, o que daba a entender que había algo máis detrás, o que dilucidouse moi rápido, xa que na páxina web de Xbox atoparon un vídeo oculto no que promocionábase unha edición especial da Xbox One X de 1 TB coa estética do vindeiro xogo de CD Projekt Red.
Aínda que o lanzamento de Cyberpunk 2077 non está previsto até o mes de setembro, a nova consolas sairía á venda no mes de xuño, como un xeito de revitalizar o mercado das consolas actuais e de atender á demanda de certos afeccionados á estética cyberpunk que nalgúns casos poderían chegar a renovar a súa consolas simplemente pola súa estética, aínda que moitos outros vaian conformarse simplemente con renovar o seu mando.
Probablemente a consola e o mando vaian presentarse oficialmente a semana que vén, e tanta anticipación sobre Cyberpunk 2077 tamén axuda a salientar o feito de que o xogo será compatible con Smart Delivery, ou sexa, que os usuarios que o merquen en dixital para Xbox One poderán gozar da versión para Xbox Series X cando renoven a súa consola sen ter que facer un desembolso económico adicional.

A Xbox One X de Cyberpunk 2077 estaría dispoñible co xogo (pese a porse á venda meses antes do seu lanzamento)

Vídeo promocional da Xbox One X inspirada en Cyberpunk 2077

PUBLICIDADE