FÃltrase unha copia de Horizon Forbidden West
martes, 11 de xaneiro do 2022
A pouco máis dun mes para o lanzamento de Horizon
Forbidden West unha
versión sen rematar do xogo para PlayStation 4 filtrouse e está a circular
pola Rede, e aÃnda que careza dalgúns elementos artÃsticos que se puliron recentemente,
si que conta con todo o contido principal do xogo, polo que os responsables do
tÃtulo están agora a loitar contra a aparición en redes sociais de imaxes que
amosen detalles da súa produción antes da súa publicación.
Esta situación será moi difÃcil de conter, principalmente dentro dos numerosos
foros sobre videoxogos que existen, polo que haberÃa que recomendar aos
seareiros da franquÃa Horizon que
fuxan de consumir información sobre a mesma durante as vindeiras semanas (silenciando
algunhas palabras nas súas redes sociais) se non queren padecer spoilers
que poidan estragar sorpresas sobre o xogo como xa aconteceu no seu dÃa con The
Last of Us Parte II, do que circularon moitos detalles da súa historian antes
de que o tÃtulo saÃse á venda.