Fíltrase unha imaxe do futuro HTC Accord

luns, 3 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Durante a feira IFA de Berlín foron moitos os produtos con Windows 8 que se deron a coñecer, pero houbo máis precaución á hora de amosar dispositivos con Windows Phone 8, destacando especialmente Samsung co seu ATIV S, pero HTC tamén tomará posicións neste ámbito, agardándose que lance 3 terminais con novo sistema operativo móbil de Microsoft, dos que vén de filtrarse unha imaxe do que sería o HTC Accord, un terminal con procesador MSM8960 de dobre núcleo a 1,5 GHz, 8/16 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD), pantalla de 4,3 polgadas cunha resolución de 720 x 1.280 píxeles, cámara de 8 Mpíxeles e NFC, no que son unha serie de prestacións que prometen converterse practicamente no estándar para Windows Phone 8.

Windows Phone 8 sairá a finais de outubro

Por outra banda, tamén están a detallar que, aínda que Windows 8 prepara o seu lanzamento para o 26 de outubro, a data de lanzamento de Windows Phone 8 quedaría para o 29 de outubro, agardándose que a meirande parte dos móbiles de lanzamento preséntense este mesmo mes.

PUBLICIDADE