Final Fantasy V estrea versión para iPhone e iPad
luns, 1 de abril do 2013
O popular xogo que Square lanzou en 1992 para Super
Nintendo, Final Fantaxy V, súmase á
serie de tÃtulos da saga que dá o salto a plataformas móbiles estreándose
na App Store por 14,49 euros como aplicación universal (para iPhone e iPad).
Estamos ante o primeiro tÃtulo da saga que superou os 2 millóns de unidades
vendidas (pese a lanzarse inicialmente só no Xapón), que supuxo a evolución do
sistema de traballo de Final Fantasy III,
contando tamén con opcións de personalización de personaxes inéditas na saga,
xunto cuns expresivos modelados 2D que nesta revisión chegan totalmente
remasterizados e optimizados para dispositivos móbiles.
Final Fantasy V para iOS tamén
presenta un sistema de control intuitivo e sinxelo, inclúe todos os contidos (traballos
e alxubes) que se engadiron ao xogo no seu remake
de 2006 para Game Boy Advance e é compatible con Game Center.
Neste xogo haberá que conducir a 4 heroes na súa aventura para salvar ao mundo
da súa destrución. Temos asà ao viaxeiro Bartz (acompañado polo seu fiel
chocobo), a princesa Lenna, o ancián Galuf e o capitán pirata Faris; personaxes
tan peculiares como carismáticos que axudaron a que esta entrega de Final Fantasy deixase pegada.
Trailer da versión para iOS de Final Fantasy V