Final Fantasy XIII contará cunha edición especial da Xbox 360

mércores, 10 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

O vindeiro 9 de marzo chegará ás tendas europeas o agardado xogo Final Fantasy XIII para as consolas PlayStation 3 e Xbox 360, aínda que esta última versión tamén será posible adquirila nun paquete no que inclúen a consola Xbox 360 Elite cun disco duro de 120 Gb, mando sen fíos e auriculares a un prezo de 249 euros, mentres que nos EE.UU. apostan por unha versión máis completa, cun disco duro de 250 Gb e 2 mandos, incrementándose o seu prezo ata 399 dólares.
Parece ser que a edición norteamericana optaría por incluír dous mandos sen fíos coa consola pensando en que Final Fantasy XIII permitirá o xogo colaborativo a pantalla partida.

PUBLICIDADE