Final Fight estrea versión descargable para Xbox 360 e PS3
mércores, 14 de abril do 2010
Esta tarde o
Bazar de Xbox LIVE estreou un novo tÃtulo descargable, Final
Fight: Double Impact, que mañá chegará tamén á PlayStation
Network, e que resucita ao xogo beat’em
up de referencia, Final Fight,
que pode gozarse coma na súa recreativa orixinal con certas melloras (música
renovada e gráficos filtrados en alta definición) e coa posibilidade de xogar
en modo cooperativo local e en liña.
Pero hai que destacar que este tÃtulo que véndese
por 800 puntos (9,6 euros) para Xbox 360 e 9,99 euros para PS3 non
vén so, senón que inclúe adicionalmente Magic
Sword, outro clásico das recreativas que ten unha ambientación moi
diferente, pero que goza de certa sona entre os afeccionados aos xogos retro.
Os xogadores poden elixir se gozan destes xogos mantendo a súa aparencia
orixinal (pixelada) ou se prefiren
utilizar unha aparencia suavizada que incluso engade un efecto de gran que fai
lembrar máis ás máquinas recreativas con pantallas CRT.
- Magic Word pode visualizarse nun modo gráfico no que simúlase o gran das pantallas CRT dos salóns recreativos