Final Fight volverá en abril coma xogo descargable en alta definición

martes, 1 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Para explicar o que é un beat’em up habitualmente resúmese coma un xogo de loita ao estilo de Final Fight, e a xente que non puidera gozar deste clásico dos videoxogos que chegou ás máquinas recreativas en 1998 terá en abril de 2010 a oportunidade de xogar a unha versión renovada en alta definición que responderá ao nome de Final Fight: Double Impact.
Este novo título estará presente coma descarga para a Xbox 360 e a PlayStation 3, contará con modos multixogador, terá un modo de visualización que pretende replicar a experiencia de estar diante dunha máquina recreativa e non chegará só, senón que dende Capcom tamén confirman que o xogo Magic Sword está en preparación, estimándose o seu lanzamento para o mesmo mes.

PUBLICIDADE