Finalmente non veremos móbiles BlackBerry con 5G
venres, 11 de febreiro do 2022
A primeiros de ano OnwardMobility
anunciou que mantiña o seu compromiso de lanzar móbiles BlackBerry con 5G
pese a non ser quen de facer realidade estes móbiles con teclado QWERTY en
2021, pero que a propia BlackBerry
se desprendese das súas patentes relativas á telefonÃa móbil e á mensaxerÃa
instantánea colócaos nunha situación imposible, e dende CrackBerry apuntan
a que OnwardMobility
carece dos dereitos para lanzar móbiles baixo a marca BlackBerry.
Estas informacións farÃan xustificadas as moitas crÃticas a OnwardMobility nos
últimos meses, con acusacións de que estaban a vender fume xa que non
estaban a dar ningunha información real sobre os seus prometidos móbiles, e non
habÃa indicios de que realmente fosen ver a luz.
En calquera caso, os intentos por recuperar o teclado fÃsico QWERTY en móbiles
non están tendo continuidade, dando a entender que realmente non existe unha
demanda do mercado de dispositivos deste tipo ante o bo funcionamento dos teclados
en pantalla, de aà que o retorno da marca BlackBerry non pareza ter un sentido
que vaia máis aló de aproveitar unha marca coñecida para ter unha maior
visibilidade comercial.
ACTUALIZACIÓN (22-2-2022): Finalmente dende a páxina web de OnwardMobility recoñecen que non serán quen de lanzar un smartphone BlackBerry 5G e anuncian o seu cesamento de actividade.