Fisher Price comercializa un asento para facilitar o uso do iPad por parte de bebés

xoves, 19 de decembro do 2013 Marcus Fernández

O novo asento de Fisher Price permite un cómodo uso do iPad por parte dos cativos

Dende hai tempo que existen no mercado tablets deseñados para o uso de cativos e incluso estoxos protectores para facer un iPad a proba de nenos, como o que comercializa Fisher Price, compañía que parece querer chamar a atención cun novo accesorios para os máis cativos da casa que pode dar moito que falar, pois está a vender por uns 80 dólares (58,58 euros) o asento Apptivity para pequenos de ata 18 quilogramos que está deseñado para que poidan ver comodamente os contidos amosados nun iPad, dispositivos que tamén estaría ao alcance das máis cos pequerrechos máis medrados.

Sen o iPad, o estoxo integrado na cadeira fai de espello

Estamos ante unha cadeira acolchada deseñada para bebés, que inclúe un soporte de tres posicións no que poder colocar un iPad, e que ten un espello no seu interior (visible cando non hai un tablet na carcasa integrada). Fisher Price ten varias aplicacións para iPad deseñadas para o seu uso con este produto que está a xerar certa polémica, pois dá a impresión de que os tablets non parecen o xeito máis responsable de entreter a bebés, e poderían prestarse a un uso abusivo, facendo que os dispositivos electrónicos comecen a exercer de coidadores dende idades moi curtas. Dispositivos así poden abrir o debate de se debemos promover o uso de dispositivos electrónicos entre os máis pequenos (para afacelos ao futuro que lles agarda) ou se debemos fuxir dos mesmos ata que os rapaces teñan unha idade prudente.

O asento conta cun brazo que inclúe un estoxo para introducir un iPad

PUBLICIDADE