Fitbit presenta novos dispositivos de monitorización de actividade
martes, 25 de agosto do 2020
Dentro
dos dispositivos de monitorización de actividade Fitbit conseguiu consolidarse
pese á grande competencia de produtos de fabricantes chineses moitos máis
económicos, e para manter o seu catálogo actualizado vén de presentar a pulseira
de actividade Fitbit Inspire 2 e o reloxo conectado Fitbit Versa 3.
A Fitbit Inspire 2 busca
ser un xeito de rexistrar toda a nosa actividade fÃsica, incluÃndo o sono,
grazas á súa autonomÃa de até 10 dÃas. Esta pulseira poderÃa considerarse unha
mera actualización do modelo anterior, con máis autonomÃa, e que tamén ofrece
12 meses de Fitbit Premium, servizo que busca unir os puntos entre os datos
recollidos para axudarnos a marcar obxectivos e actividades para ter unha vida
máis saudable.
Esta pulseira con rexistro de frecuencia cardÃaca as 24 horas, somerxible até
50 metros, con máis de 20 modos de exercicio e, por suposto, funcións de reloxo
e de receptor de notificacións do móbil, terá un prezo de 99,95 euros, estando
o seu lanzamento previsto para o 25 de setembro.
Máis completo é o reloxo Fitbit
Versa 3, que aparte das funcións e rexistro de actividade fÃsica tamén
integra GPS (para poder rexistrar os percorridos de adestramento sen levar o
móbil enriba), ten unha tecnoloxÃa de rexistro do ritmo cardÃaco máis avanzada
(asà como monitorización da saturación de osÃxeno en sangue) e incluso aproveita
o Bluetooth co móbil para poder invocar ao asistente de Google ou a Alexa, asÃ
como para poder responder chamadas de voz e ler as mensaxe de texto (e
notificacións).
Este reloxo con pantalla AMOLED e autonomÃa para até 6 dÃas sairá tamén á venda
o 25 de setembro, cun prezo de 229,95 euros.