Flex Hybrid, a pantalla encartable e extensible de Samsung

martes, 3 de xaneiro do 2023 Marcus Fernández

Samsung vai amosar no CES de Las Vegas o que será a nova xeración de produtos encartables e extensibles, que preséntase como un prototipo de dispositivo móbil chamado Flex Hybrid, que combina dúas tecnoloxías en unha: por unha banda a parte esquerda da pantalla sería encartable como un smartphone Samsung Galaxy Z Fold, mentres que a parte dereita sería extensible, conseguindo así unha pantalla de 10,5 polgadas cunha relación de aspecto de 4:3 ou 12,4 polgadas cunha relación de aspecto 16:10 (formato moi práctico para o consumo de vídeo).
Paralelamente Samsung tamén amosará unha pantalla dunhas 13-14 polgadas que pode estenderse até 17,3 polgadas, deixando claro que a súa división de pantallas ten moi presentes as tecnoloxías innovadoras que buscan a versatilidade dos dispositivos móbiles.

Combinar dúas tecnoloxías innovadoras permite unha pantalla moi ampla para o consumo multimedia

PUBLICIDADE