Football Manager 2018 chega a ordenadores e móbiles

venres, 10 de novembro do 2017 Marcus Fernández

Mentres a franquía PC Fútbol ultima o seu retorno, a saga de xogos que collera con moita fortuna o seu relevo estrea a súa nova iteración, e xa está á venda o Football Manager 2018, xogo para PC, Mac e Linux á venda por 54,99 euros e que tamén conta con versións alternativas como Football ManagerTouch 2018, que supón unha simplificación do xogo orixinal que podemos mercar por 29,99 euros (dispoñible para descarga par ordenadores persoais, mentres que as súas versións para Android e iOS non estará dispoñible até o vindeiro día 24), e incluso Football Manager Mobile 2018, que podemos adquirir por 9,99 euros para iOS e para Android.
Esta nova versión do simulador de xestión futbolística máis completo do mercado achega máis dun milleiro de novidades e melloras, máis de 2.500 clubs reais para xestionar e uns 600.000 xogadores de 50 países, un novo sistema de olladores e melloras nas análises dos partidos, de xeito que poderemos ver cos nosos propios ollos como se fai realidade a nova visión futbolística.
No xogo pódese tomar decisións que van dende a quen fichar e traspasará até administrar o orzamento. Cada decisión terá consecuencias que notaranse nos resultados, nos titulares de prensa e mesmo nos debates en redes sociais.
Quen aínda dubide de todo o que ofrece este título, tanto Football Manager 2018 como Football Manager Touch 2018 contan con versións de demostración, permitindo que incluso os progresos na mesma poidan trasladarse ao xogo completo se logo decidimos adquirilo.

O xogo permite analizar as tácticas e descubrir onde fallan

PUBLICIDADE