Ford fará máis smart os seus vehículos asumibles

martes, 2 de xuño do 2015 Marcus Fernández

Ford anunciou hoxe que os seus modelos de Fiesta e Escape deste ano durante o verán serán os primeiros vehículos en integrar Sync 3, que é a nova aproximación do fabricante norteamericano aos vehículos conectados que, por exemplo, permitirá que cun botón poida accederse ao Siri de iPhone. Temos así unha solución que non adopta nin o CarPlay de Apple nin Android Auto, senón que está baseada no sistema operativo QNX de BlackBerry (mentres que a anterior xeración desta tecnoloxía estaba baseada en software de Microsoft).
Sync 3 inclúe pantallas táctiles melloradas (capacitivas, fuxindo das rudimentarias pantallas resistivas que tenden a integrar en vehículos) e poderá actualizar o seu software mediante Wi-Fi. Temos así que vehículos asumibles poden gozar dunha tecnolóxica propia de coches de alta gama, podendo conectar o seu smartphone ao sistema integrado no automóbil para unha condución máis segura, xa que facilita o control do teléfono mediante ordes de voz. Sync 3 tamén minimiza os pasos necesarios para seleccionar a música que queremos escoitar, facer unha chamada telefónica ou elixir o destino ao que queremos que o navegador nos guíe.
Unha das funcionalidades que incorpora Sync 3 é AppLink, que permite aos usuarios controlar as aplicacións compatibles do seu móbil mediante ordes de voz no coche de xeito que, por exemplo, poderemos empregar Spotify sen ter que manipular o smartphone.

Sync achegará unha condución máis segura grazas ao control por voz


Vídeo de presentación da tecnoloxía Sync 3

PUBLICIDADE