Fortnite celebrará un torneo exclusivo para móbiles

xoves, 26 de agosto do 2021 Marcus Fernández

Samsung anunciou hoxe que o vindeiro domingo terá lugar o Fortnite Galaxy Cup 2.0, un torneo do célebre Fortnite que será exclusivo para dispositivos Android, e permitirá conseguir un novo atavío exclusivo e outros elementos cosméticos.
A Copa Galaxy 2.0 de Fortnite desenvolverase co modo de tempo limitado Arsenal Solos e constará dunha única sesión de 3 horas de duración, na que cada xogador poderá participar un máximo de 25 partidas, cada unha cunha duración de entre 10 e 13 minutos. Os xogadores obterán 7 puntos por vitoria, 1 punto por cada xogador eliminado e 1 punto por cada partida xogada.
Esta competición busca fomentar o uso de dispositivos móbiles entre os xogadores, animándoos a probar sorte e descubrir un novo xeito de xogar dende os seus dispositivos Samsung Galaxy aproveitando que Fortnite está presente na Galaxy Store.

PUBLICIDADE