Fortnite para Android poderÃa chegar en primicia ao Galaxy Note 9
venres, 27 de xullo do 2018
Tras o
éxito do lanzamento de Fortnite para
iOS chegou o anuncio de que o xogo de
moda contarÃa tamén con versión para Android, pero este lanzamento poderÃa adiarse
un chisco para a meirande parte de usuarios, xa que os últimos rumores aseguran
que Fortnite para Android terá unha exclusividade de 30 dÃas para
o Samsung Galaxy Note 9 que presentarase ao público o 9 de
agosto e que poderÃa non chegar ás tendas até o 24 de agosto.
Tamén coméntase que os usuarios que reserven o Note 9 de Samsung tamén
recibirán como recompensa cartos virtuais para Fortnite (paVos) por un
valor de máis de 100 euros.
De ser certa estas informacións, os usuarios de Android non poderÃan gozar de Fortnite nos seus dispositivos móbiles
até finais de setembro, o que non serÃa necesariamente unha mala nova, xa que o
tempo entre o lanzamento parcial e o lanzamento definitivo poderÃa aproveitarse
para as probas que son tan necesarias en xogos deste tipo que aglutinan a millóns
de usuarios simultáneos.