Fortnite xerou uns beneficios de 3.000 millóns de dólares
venres, 28 de decembro do 2018
Non hai ningunha dúbida en que Fortnite é
o fenómeno de 2018, confirmando o modelo de negocio dos xogos free-to-play e culminando o éxito do
xénero dos battle royale, e aÃnda que
ponderar obxectivamente o impacto deste tÃtulo resulte moi complexo (pois
incluso erosionou as vendas de grandes blockbusters),
dende TechCrunch permÃtennos pór en valor o xogo de moda xa que aseguran que Fortnite
xerou 3.000 millóns de dólares en beneficios
durante 2018.
Epic Games non publica datos oficiais sobre os seus ingresos, pero que si
anunciou hai poucos dÃas que en
menos dun ano conseguiron que Fortnite
superase os 125 millóns de xogadores, de aà que vaian incluso a celebrar unha
Copa Mundial a finais de 2019.
Con Fortnite temos un xogo que está a
explotar fortemente as posibilidades da experiencia multiplataforma, con
versións para ordenadores, consolas e dispositivos móbiles, que en esencia son
o mesmo xogo, o que facilita que exista unha enorme comunidade de usuarios e
mesmo fixo que Sony dese o seu brazo a torcer, e permitise
que os xogadores puidesen xogar e compartir progresos e compras dentro do xogo
nas súas distintas plataformas, pechando unha fenda artificial que dá a
entender que no futuro moitos xogos poderán ser totalmente independentes do
hardware.
AÃnda que resulte evidente que Fortnite
non será un éxito eterno, Epic Games non deberÃa ter problemas para manter o
seu bo rumbo, xa que a compañÃa vén de lanzar a súa propia tenda de xogos (que
presume de deixar o 88% dos ingresos para os desenvolvedores, cando o habitual nas
tendas dixitais é o 70%) e tamén comercializa tecnoloxÃa para o desenvolvemento
de xogos (como Unreal Engine
4), polo que os éxitos alleos tamén poden supor un impacto positivo na
compañÃa.