Forza Motorsport 7 chega a Xbox One e PC
martes, 3 de outubro do 2017
Os afeccionados aos xogos de motor teñen hoxe unha grande
novidade dispoñible, Forza Motorsport 7, que
sae á venda como tÃtulo que chega dentro do programa XBOX Play Anywhere, de
xeito que quen o merque
en formato descargable para Xbox One poderá gozalo sen custo adicional
tamén no seu PC.
O xogo permite experimentar a emoción do automobilismo ao lÃmite con gráficos a
60 cadros por segundo e cunha resolución nativa 4K en HDR (de contarmos cunha
Xbox One X ou cun PC de grande potencia) con máis de 700 coches dispoñibles que
poderán correr en 30 lugares famosos.
Cómpre advertir de que o xogo presenta imaxes con patróns e luces pestanexantes
que poden provocar ataques a persoas que padezan epilepsia fotosensible.
- Forza Motorsport 7 ofrece gráficos moi detallados e moita acción para os amantes dos xogos de condución