Forza Street chega de balde a Windows 10

luns, 15 de abril do 2019 Marcus Fernández

A franquía de Forza é todo un referente na condución en consolas de videoxogos, sendo un dos grandes reclamos da plataforma Xbox, pero que agora ábrese a novos públicos co lanzamento de Forza Street, unha nova experiencia que chega hoxe de balde a equipos con Windows 10, e que ao longo deste ano chegará tamén a Android e iOS.
Con Forza Street dende Turn 10 Studios queren captar tanto a novos xogadores como a incondicionais da franquía de Forza, que poderán competir en carreiras moi intensas, permitíndolles tanto botar carreiras rápidas como somerxerse nunha campaña na que ir conseguindo unha colección incrible de coches e converter o garaxe en todo un armario de trofeos.
Forza Street está dispoñible en múltiples idiomas (entre os que non faltan o español e o portugués), conta cun repertorio de coches cada vez máis amplo, permite adestrar na rúa e mellorar os coches. Un xogo claramente deseñado coa velocidade en mente, que permitirá gozar das carreiras en calquera momento e lugar unha vez complete o seu lanzamento en plataformas móbiles.

Tráiler de Forza Street

PUBLICIDADE